O próximo sábado día 13 de xaneiro ás 11:00 da mañá, constitúese oficialmente a Asociación Galega de Técnicos do Audiovisual que, como moitos sabedes, partiu dunha iniciativa dos técnicos da película “Os mortos van á présa”, despois da suspensión da rodaxe.
Meus parabéns para todos os compañeiros. Todos os profesionais do sector audiovisual galego debemos felicitarnos por esta nova conquista longamente esperada.
Moita sorte na vosa singradura!
(Foto da primeira noite da rodaxe de "Os mortos...", cortesía de El Farero)
No hay comentarios:
Publicar un comentario